O Centro Coreográfico presenta a súa temporada centrada na produción e na formación

O primeiro espectáculo será unha adaptación de Giselle, o ballet do repertorio clásico

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Naceu como un centro para promover a creación, produción, formación e investigación, e así seguirá de cara a vindeira temporada 2008-2009. O Centro Coreográfico Galego presentou esta mañá os súas actividades, que se concretan na produción de Giseliña, unha adaptación coreógrafo Cisco Aznar está a facer do clásico Giselle. Canda isto coproducirá dous espectáculos: Concerto Desconcerto coa compañía Entremáns e Ovay con Quique Peón. Ademais do programa Artistas en Residencia, que contara con oito novos proxectos a partir de xaneiro de 2009, continuará coas súas liñas formativas para profesionais da danza, das artes de movemento e cidadanía en xeral (a través dos centros escolares).

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Reinterpretación

O Centro Coreográfico presenta a versión de Cisco Aznar sobre o clásico do ballet Giselle

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Centro Coreográfico Galego

Claves

Conceptos