Hoxe é o DÃa Internacional da Danza, un dÃa especialmente significativo para o Centro Coreográfico Galego, a entidade que se encarga da creación, produción, formación e investigación das artes do movemento no noso paÃs. Un centro que, segundo a memoria de actividades de AGADIC, consolidou as súas liñas traballo no 2008. Aumentou nun 12,4% a asistencia de público, o que supuxo un incremento de facturación da billeteira dos espectáculos producidos e coproducidos dun 25,8% con respecto ao ano anterior.