
Con Alén o Colectivo Glovo volvera afondar aquà na fusión do contemporáneo co tradicional, que xa explorara na súa anterior montaxe, Trïade. A peza abordarase como unha viaxe persoal e colectiva para presentar un mundo en constantes cambios provocados polas crises migratorias, a saúde mental, a emerxencia climática e as identidades en evolución. Para Alén a compañÃa conta coa participación do Seattle International Dance Festival, onde poderá verse o ano que vén, asà como do Teatro Ensalle de Vigo, o Teatro Vila Real de Portugal ou o Concello de Lugo.
Pola súa banda, iXa, compañÃa con raÃces galegas, vascas e navarras, que foi seleccionada co espectáculo 52-Blau, parten da metáfora da balea 52- Hertz, que emite sons que ningún outro ser é capaz de comprender, para propoñer unha mirada sensible e actual sobre o illamento na era da hiperconectividade e os cruzamentos territoriais e xeracionais que provoca. Cunha estética techno, un traballo escenográfico artesanal e a integración da arte contemporánea galega a través, entre outras, da cerámica de Sargadelos, 52- Blau romperá co modelo escénico tradicional para se adaptar a espazos non convencionais e achegar a danza a novos públicos, contextos e realidades. A nova produción de iXa conta tamén coa colaboración doutras entidades do PaÃs Vasco, Cataluña e Galicia.
CompañÃa emerxente
O terceiro dos tÃtulos é Saias de mar, de ArtÃstika Movemento Producións, adxudicataria na modalidade de compañÃa emerxente. Este proxecto foi tamén elixido para formar parte do primeiro programa formativo Emprendemento para artistas da danza e as artes do movemento, impulsado pola Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración coa Fundación Paideia Galiza. En 'Saias de mar', propoñen unha homenaxe á muller galega como sÃmbolo de resiliencia e impulso, igual que as ondas do mar que baten e avanzan sen cesar. AÃnda que está concibida para todo tipo de espazos, á idea orixinal do espectáculo contempla a praia como escenario vivo.