Coincidindo o pasado dÃa 29 de abril co DÃa Internacional da Danza, A Xunta de Galicia anunciou e abriu o prazo de solicitude do programa anual de coproducións que desenvolve neste ámbito a través do Centro Coreográfico Galego. A web da Axencia Galega das Industrias Culturais publicou as bases desta convocatoria que facilitará á chegada aos escenarios de tres novos espectáculos, en calquera das modalidades relacionadas coa danza e as artes do movemento, dos que un deles corresponderá a unha compañÃa emerxente. O establecemento desta categorÃa especÃfica para compañÃas ou profesionais con ata cinco anos de traxectoria é a principal novidade deste ano, co obxectivo de favorecer a incorporación de novos nomes, propostas e linguaxes ao actual panorama da danza en Galicia. A ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades reserva máis de 45.000 euros a esta convocatoria, de xeito que se establece un lÃmite de 14.999 euros, máis IVE, para cada un dos tres proxectos seleccionados. Ademais, poderán poñerse á súa disposición os recursos técnicos e de persoal do Centro Coreográfico Galego, tanto para os ensaios, como para a estrea e as primeiras representacións dos espectáculos adxudicatarios.
O prazo de solicitude manterase aberto ata o vindeiro 18 de maio, mentres que o de execución será de 12 meses desde a sinatura do contrato. Neste perÃodo deberá levarse a cabo un mÃnimo de dúas representacións do espectáculo, ademais da súa función de estrea. Segundo indica a Xunta de Galicia, o obxectivo deste programa de coproducións, promovido por sétimo ano consecutivo, entronca cos obxectivos recollidos no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado e publicado recentemente pola Xunta a partir dun "proceso participativo co sector" no marco do Plan Xeración Cultura. O devandito Plan Integral para a Danza (PID) foi moi contestado desde o propio sector a través da PACCG (Plataforma de Afectadas Polo Centro Coreográfico Galego) e da Plataforma das Artes do Movemento ao considerar que o proceso de elaboración e presentación do PID foi unilateral desde a administración, ademais de considerar que o Centro Coreográfico Galego estaba nunha fase de "desmantelamento" desde os últimos cambios nos estatutos da AGADIC.