Preto de 15.000 persoas participaron nas propostas do Centro Coreográfico Galego

A entidade organizou preto de 300 actividades artísticas

8/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

En xaneiro de 2006 comezaba a actividade do Centro Coreográfico Galego, a unidade de produción de danza do IGAEM (hoxe AGADIC). Desde entón a actividade do centro non parou de medrar. Segundo o seu último informe, que fai referencia á temporada 2007-2008, o CCG realizou arredor de 300 accións artísticas nas que participaron máis de 14.700 persoas. Entre as actividades realizadas neste período destaca o encontro internacional da danza e artes de movimento, MOV-S, que se desenvolveu na illa de San Simón e que concentrou a 150 programadores nacionais e internacionais.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Coreográfico Galego, Danza, IGAEM, San Simón...