37 compañías participan en Santiago na primeira Mostra de Danza de Galicia

O Centro Coreográfico organiza este encontro co gallo do Día Internacional desta arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
37 compañías participan en Santiago na primeira Mostra de Danza de Galicia

Nos últimos tempos fálase do gran dinamismo coreográfico que existe en Galicia que se plasma na creación de compañías, a proliferación de xéneros e a presenza internacional dos bailaríns galegos. Unha escolma dese potencial creativo poderase ver na primeira Mostra de Danza de Galicia que se desenvolverá do 26 ao 30 de abril no Salón Teatro de Santiago. Un total de 37 entidades (os proxectos de investigación coreográfica apoiados desde Agadic, grupos de danza afeccionado e compañías profesionais) exhibirán as súas propostas con espectáculos que non duran máis alá dos 30 minutos. Esta é a actividade coa que o Centro Coreográfico Galego celebra o Día Internacional da Danza (29 de abril). O peche deste primeiro encontro trasladarase á rúa, á Praza de Cervantes, cun espectáculo no que participarán 8 formacións artísticas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Bailar con coreografía

Bailar con coreografía

Os bailaríns denuncian o abandono do Centro Coreográfico Galego no Día da Danza

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Espectáculo, Teatro, Centro Coreográfico Galego...