Cinco compañÃas produtoras e distribuidoras de danza galegas viaxarán en agosto á Internationale Tanzmesse de Düsseldorf (Alemaña), o maior encontro profesional do mundo en danza contemporánea, na que será a primeira delegación galega neste evento coordinada pola Axencia galega de Industrias Culturais, responsable do Centro Coreográfico Galego. Entre o 28 e o 31 de agosto representantes de Amarelo Distribución, Kirenia Danza, La Guajira, Nova Galega de Danza e Paula Quintas CÃa., ademais do Centro Coreográfico Galego acudirán xuntos a este encontro internacional no que se dan cita cada ano empresas, artistas, programadores internacionais e responsables de festivais interesados na creación coreográfica europea. A organización da delegación entronca cos obxectivos do Plan Integral para a Danza de Galicia, no que respecta a potenciar a proxección exterior e a internacionalización da danza e as artes do movemento mediante a participación en citas consideradas estratéxicas, como é o caso da Tanzmesse, explican desde Agadic. A axencia da Xunta sinala que esta acción faise como resposta ao bo momento que está a vivir a creación e a interpretación desta disciplina na nosa Comunidade.