9000 persoas seguiron as actividades do Centro Coreográfico Galego

O quiosco das almas perdidas fecha a súa xira en Ribadavia

24/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia acolle mañá a representación de O quiosco das almas perdidas coa que o Centro Coreográfico Galego fecha a súa segunda temporada. O organismo aproveita esta ocasión para facer balance da súa actividade, e destaca que máis de 6.500 persoas asistiron ás 29 representacións que ofertou en cinco meses de xira e que outras 1.400 participaron en diferentes actividades formativas que organizou.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Coreográfico Galego, Ribadavia, Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia