O Centro Coreográfico Galego reforza a súa actividade no 2008 para incrementar a presenza da danza

Paso a paso

21/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha produción (“Kiosco das almas perdidas” dirixida polo tarraconense Roberto Oliván) e tres coproducións (“Negro”, “Tradición” e “Femenine”), ademais de diferentes residencias para bailaríns, conforman a principal aposta do Centro Coreográfico Galego para o vindeiro ano. Así o puxeron de manifesto na presentación da actividade para o vindeiro ano deste centro creado no 2006 e que se complementará con múltiples accións de formación para profesionais e mediadores culturais co obxectivo de fomentar un público crítico nesta disciplina.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e no do Centro Coreográfico Galego

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Coreográfico Galego, Danza, Manifesto, IGAEM...