Unha produción propia e dúas coproducións marcan o inicio das actividades do Centro Coreográfico Galego

Danzar por todas partes

15/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Centro Coreográfico Galego comeza a bailar. Faino cunha produción propia (Vacuo que se estreará o 6 de xaneiro) e dúas coproducións: unha con “ExperimentaDanza” e outra con “Pisando Ovos”. Ademais, o Centro promoverá a investigación mediante a convocatoria de residencias artísticas e axudas económicas, e de organizar diferentes accións formativas dirixidas aos profesionais e aos cidadáns. Entre outras das iniciativas previstas para o vindeiro 2007, destaca tamén a posta en marcha dunha colección editorial e dun centro de recursos para a danza.

Máis información no web do Consellaría de Cultura e na nosa nova sobre Vacuo

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Centro Coreográfico Galego, Culturagalega

Claves

Conceptos