O Centro Coreográfico Galego estrea en Vigo unha montaxe que afonda no día a día

Chega o negro

17/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Non fala do envoltorio da pel, nin do que agocha, senón do que esta pel ve, o que a asusta e transforma, o que a esperta e o que a dorme”. Con estas palabras Daniel Abreu define o obxectivo de “Negro”, a última coprodución do Centro Coreográfico Galego que se estrea mañá en Vigo (Teatro Ensalle). A montaxe estará acompañada dunha clase aberta a profesionais da danza, un ensaio aberto para a asociación “Igualarte”, dedicada a nenos con necesidades educativas especiais, e dous talleres para profesionais que se levarán a cabo nos conservatorios de Lugo e da Coruña.

Máis información no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Coreográfico Galego, Vigo, IGAEM, Ensaio...