O Centro Coreográfico experimenta coa danza, a música e a maxia na súa última produción

O baile das almas

28/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O “Kiosko das almas perdidas” foi un local situado no Berbés, en Vigo, que abría a altas horas da madrugada e no que confluían peixeiros, prostitutas e xente nova que continuaba a farra. Este local é o que inspira a última produción do Centro Coreográfico Galego que toma o nome do bar vigués e que xirará por España. O director, o catalán Roberto Oliván, explica nun vídeo as claves desta produción.


O “Kiosko” non é soamente un espectáculo de danza, senón que vai moito máis alá. “Ten un pouco de teatro, de música, de ilusionismo” apunta Roberto Oliván, o catalán que estivo que tres meses en Galicia para preparar esta montaxe. Quen aproveita para dicir que se pertendía transmitir “un himno á liberdade que canta Mercedes Peón e no que a danza serve para canalizar a expresión de cada unha das personas que están enriba do escenario”.

Roberto Oliván advirte que o “Kiosko das almas perdidas” é danza contemporánea, que nada ten que ver cos espectáculos que figuran en varios programas que se poden ver a día de hoxe na televisión. Once bailaríns que, a través da danza, pretenden deixar que a súa alma se exprese.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Centro Coreográfico Galego, Vigo, Espectáculo...

Claves

Protagonistas
Lugares