Reinterpretación

O Centro Coreográfico presenta a versión de Cisco Aznar sobre o clásico do ballet Giselle

5/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Giselle é o ballet romántico por antonomasia. O fatalismo, a morte, a loucura de amor... son claves que se manteñen na revisión do clásico que o coreógrafo catalán Cisco Aznar fixo para o Centro Coreográfico Galego. Cunha aparencia estética remodelada e actualizada Giseliña estréase esta fin de semana no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Neste vídeo tes unha mostra do ballet que estará de xira por toda Galicia, Marrocos, Murcia, Badalona ou Xixón.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Morte, Teatro Rosalía de Castro da Coruña...