O Centro Coreográfico regresa á danza contemporánea con Full House

A produción contará coa colaboración do coreógrafo sueco Johan Inger

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Logo de dúas producións de ballet clásico como o Quebranoces e A bela adormecida, o Centro Coreográfico Galego atenderá á danza contemporánea. Faino con Full House, para a que contará coa presenza de Johan Inger (Estocolmo, 1967), coreógrafo asociado do Nederlands Dans Theater e director artístico durante cinco anos do Cullberg Ballet que debuta en Galicia. A estrea terá lugar o 3 de abril no Teatro Rosalía da Coruña, nun programa que incorporará a peza Magnificat, que Amaury Lebrun creou en 2011 para o espectáculo do CCG 3DTres.

Johan Inger debutou como coreógrafo en 1995 coa premiada ‘Mellantid’. Segundo unha nota de prensa remitida por Agadic, destacou axiña como “creador inventivo e cun amplo espectro estilístico que vai do cómico e teatral ao terreal e orgánico”. Foi director artístico do Cullberg Ballet sueco, no Ballet Real de Suecia, no NDT1 e agora mesmo compaxina o seu traballo como coreógrafo asociado no Nederlands Dans Theater coa súa carreira como creador independente.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Reinterpretación

O Centro Coreográfico presenta a versión de Cisco Aznar sobre o clásico do ballet Giselle

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Espectáculo, Teatro, Teatro Rosalía da Coruña...