Ballet Norte estrea a súa coprodución co Centro Coreográfico

A Coruña acolle o venres a presentación de Atlántica

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

A partir dun fragmento da novela de Manuel Murguía La mujer de fuego, a compañía Ballet Norte aborda en Atlántica, "soidades, temores, amores e desamores" a se inspirar nos poetas do Rexurdimento. O Teatro Colón da Coruña acolle o vindeiro venres a estrea da primeira coprodución do Centro Coreográfico Galego desta temporada. O proxecto supón o debut de Juan Miguel Hernández como coreógrafo e conta con dez bailaríns sobre o escenario, nunha recreación neoclásica que conta con música de Ismael Berdei.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Teatro, Rexurdimento, Teatro Colón da Coruña...