O Centro Coreográfico estrea este venres As catro estacións

A nova produción conta con coreografías de Kenneth Tindall e de Iker Gómez

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
O Centro Coreográfico estrea este venres As catro estacións

O Teatro Colón da Coruña acolle este venres ás oito e media da tarde a estrea de As catro estacións. O Centro Coreográfico Galego apostou na súa nova produción por unha adaptación contemporánea da obra de Antonio Vivaldi con dirección de Mercedes Suárez conta e coreografías de Kenneth Tindall e de Iker Gómez. Despois da estrea, a montaxe repetirá na Cidade Herculina o sábado e iniciará despois unha xira por Vigo, Rianxo, Vilagarcía, Ourense, O Barco, Pontevedra e Santiago de Compostela. Ailén Ramos, Inés Vieites, Elena Roses, Raquel Santacruz, Juan Miguel Hernández, Víctor Molina, Pastor R. Feal e Pablo Aradillas serán os responsables de interpretar as coreografías, logo de seren escolleitos entre trinta candidatos nun proceso de audicións.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Suárez, Teatro, Teatro Colón da Coruña, Centro Coreográfico Galego...