O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 8, ás 20,30 h., a estrea do espectáculo de danza Maestro Rodrigo. O neno que soñaba a música , promovido pola Fundación Victoria y JoaquÃn Rodrigo coa colaboración do Centro Coreográfico Galego (CCG). A montaxe homenaxea o gran compositor español no 20 cabodano do seu pasamento. Neste ballet nárrase a vida dun home que logra superar unha discapacidade fÃsica como é a cegueira e triunfar, converténdose nun dos compositores máis universais. O ballet percorre parte da súa vida desde a súa nenez, o seu paso por Francia e o regreso a España en 1939. Unha narración ilustrada por medio da danza con numerosos fragmentos das obras de JoaquÃn Rodrigo máis aló do Concerto de Aranjuez. Mercedes Suárez, directora do CCG é coautora das coreografÃas desta montaxe xunto ao británico Kenneth Tindall, coreógrafo residente do Northern Ballet de Leeds e que xa traballara co CCG no espectáculo As catro estacións, estreado en 2016.
Para o responsable da Agadic, Jacobo Sutil, Maestro Rodrigo supón unha nova oportunidade de dinamizar o ámbito da danza desde Galicia, a través dun equipo artÃstico maioritariamente galego, tanto no corpo de baile como no deseño de vestiario (Diego Valeiras), iluminación (Xosé Manuel Rabón) e as propias coreografÃas de Mercedes Suárez. Sobre o escenario, J. Miguel Hernández e Julia Méndez dan vida a Rodrigo e a súa muller, a pianista turca Victoria Kamh. lvana Sestelo, á nai do compositor, mentres que o JoaquÃn Rodrigo neno é interpretado por Xurxo Pena, bailarÃn carballés de 14 anos que comezou os seus estudos na Escola Municipal de Danza de Ponteceso, aberta en colaboración co Centro Coreográfico Galego por medio do seu programa Danza no Rural. Completan o elenco Cristina Amor, Natalia GarcÃa, Paula Ripoll, RosalÃa Vázquez, Dayron RodrÃguez, Germán Flores e os nenos Gaël, Amanda e Luana Huiban Monteagudo, Paola K. MartÃnez Taibo e Ruth Amor Pan.