É un conto de Nadal, por iso non habÃa mellor data en todo o ano para estrear o Crebanoces. O gran proxecto de Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico, toma forma este sábado 22 en VilagarcÃa. A localidade pontevedresa acollerá a estrea desta montaxe que leva case dous anos en marcha e que suporá a colaboración das escolas de danza do paÃs e mais de varias formacións orquestrais. É a maior produción da historia do ballet galego.
Hai xusto un ano o Centro Coreográfico Galego abriu unha audición para seleccionar escolares que participaran do seu proxecto de produción propia, o Crebanoces. Foi entón cando o proxecto se fixo visible, porque a aposta comezou moito antes, cando Mercedes Suárez iniciou negociacións con varias formación musicais do paÃs para poder ofrecer un ballet con música en directo. A Orquestra Sinfonica de Galicia, a Orquestra Sinfónica Cidade de Pontevedra e o Coro infantil do conservatorio de Música de Pontevedra xa teñen confirmada a súa participación neste proxecto. Unha gran produción que permitirá a participación dunhas cincocentas persoas, que o converte na gran aposta do ballet galego.
A versión galega
É o Crebanoces o ballet por excelencia e tamén o máis representado do mundo, que adoita representarse polo Nadal. O proxecto que estrea o Centro Coreográfic o este sábado implica ademais unha adaptación á nosa cultura, xa que contará cunha escenografÃa inspirada na paisaxe coruñesa, con ventás e galerÃas de cor branca, un vestiario que recorda ás figuras de Sargadelos ou un exército de soldados ataviados coma no Entroido ourensán.
Oito bailarÃns profesionais serán os encargados de darlle estrutura narrativa a este ballet que conta as aventuras de Clara Stalbaum, unha nena burguesa que esperta a noite de Nadal na súa casa e atopa unha batalla entre o crebanoces, con forma de soldadiño de chumbo que lle regalara o seu padriño, contra o malvado Rei dos Ratos.
A xira do espectáculo que arrinca en VilagarcÃa levarao por Narón (27 de decembro), Pontevedra (28 e 29 de decembro), Lugo (4 de xaneiro), Vigo (17 de xaneiro) e Coruña (5-9 de febreiro).

O ballet
Fotos: Manuel Lemos. Fonte:CCG