Unha importante representación da profesión da danza e as artes do movemento de Galicia asinan un comunicado no que amosan o seu malestar ante o estado xeral e algunhas situación particulares do Centro Coreográfico Galego relativas á súa última coprodución presentada. Entre as case 40 sinaturas do documento feito público o pasado venres están nomes que representan a case todas as compañías do sector en Galicia ademais de colectivos ou asociacións como Escena Galega (Asociación Galega das Empresas de Artes Escénicas), Asociación Emprende Danza, Colectivo RPM ou Festival Corpo(a)terra, ademais a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) tamén sumou o seu apoio a este documento. O comunicado xurdía en véspera da estrea no Teatro Colón da Coruña do espectáculo Maestro Rodrigo do que o Centro Coreográfico é coprodutor xunto coa Fundación Victoria e Joaquín Rodrigo e no que os asinantes ven xa algúns motivos de queixa pública relacionados tanto cunha ausencia de transparencia na selección do elenco artístico como nas condicións de contratación do coreógrafo principal Kenneth Tindall, así como dos menores de idade participantes na produción. Ademais, no seu comunicado sinalan directamente a elección como bailarina principal de Julia Méndez, filla de Mercedes Suárez actual directora do Centro Coreográfico e coautora das coreografías da obra. Os asinantes entenden que debería existir nesa situación un réxime de incompatibilidades.
Cara a Mercedes Suárez diríxense asemade algunha das duras críticas que se fan da situación xeral da cabeceira pública de danza que fai parte da Axencia Galega de Industrias Culturais 8AGADIC) á que trasladan as súas queixa e esixencias. Os asinantes acusan directamente a Suárez de deixación de funcións no exercicio do seu cargo, o que segundo eles estaría evidenciado nunha "inactividade do Centro" así como en "falta de diálogo e de atención cara o sector profesional da danza en Galicia". Ademais sinala a actividades da directora no sector privado da danza como "incompatibilidades, non xustificadas debidamente" ao seu ver. O comunicado incide duramente sobre a ausencia de producións propias do Centro Coreográfico nas últimas tempadas, que lles leva a falar de "inactividade" así como de "inexistencia absoluta dun Plan de actuación para as artes do movemento desde o CCG, que sinale os seus obxectivos, funcións, fundamentos, estratexias, programa de actividades, plan de usos e distribución dos recursos públicos empregados, entre outros". A profesión da danza acusa de opacidade, falta de publicidade e falta de rendición de contas a o centro público do que lembran que ten un orzamento de 150.000 euros anuais e unha instalación propias que para os asinantes están tendo un "uso desaproveitado". Estas instalacións ofrecíanse xustamente como parte da achega pública dentro da convocatoria levada a cabo pola AGADIC o pasado vernes de licitación para a coprodución de tres espectáculos de danza.
Coincidindo con este comunicado a situación do Centro Coreográfico Galego será probablemente tamén obxecto de debate este vindeiro xoves na mesa de traballo Cara a unha escena plural , enmarcada no encontro Galicia escena-Pro. Na que se reunirán na biblioteca Ánxel Casal de Santiago artistas, programadores e profesionais da escena, para debater arredor da presencia e circulación dos traballos da comunidade artística vinculada á danza e a creación contemporánea en Galicia. O Centro Coreográfico Galego creouse en 2006 dentro do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) baixo o mandato do goberno bipartito tras extinguir este o Ballet Galego Rey de Viana, posteriormente o mesmo goberno crearía a Axencia Galega de Industrias Culturais no lugar do IGAEM pasando a esta as unidades de produción dependentes do extinto ente.