Elahood estrea , primeira coprodución do Centro Coreográfico de 2022

O Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros acolle o espectáculo este 18 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Elahood estrea NÓ, primeira coprodución do Centro Coreográfico de 2022

Un "collage que parte da intuición máis naif de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que convida á reflexión colectiva das preocupacións actuais". Así define a compañía de danza Elahood , a súa nova proposta. Co lema "Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é" como punto de partida, a compañía estrea este venres 18 de febreiro ás 20:30 no Auditorio de Oleiros a que é a primeira coprodución do Centro Coreográfico Galego deste ano.

Aina Lanas e Kenrick Sandy desenvolven esta proposta dirixida por Sandy canda a Sabela Domínguez e Julia Laport. Segundo explica a presentación do proxecto, este espectáculo desenvolve a "danza precisa, limpa e extremadamente coordinada" propia da formación combinada coa integración de texto e de voz. A compañía publicou na súa canle de Youtube varios vídeos a abordar o proceso creativo desta peza.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Morre a artista Ana Kiro

Morre a artista Ana Kiro

A súa capela ardente queda instalada no auditorio Gabriel García Márquez de Mera

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oleiros, Espectáculo, Danza, Mulleres...