O Centro Dramático Galego (CDG), e a Fundación Rogelio Groba estrean este venres a coproducción 'O neno Groba e Música', dirixida e interpretada por Ramiro Neira. A representación terá lugar en Oleiros, no Auditorio Gabriel GarcÃa Márquez ás 20,30 horas. 'O neno Groba e Música' forma parte das coproducións programadas para este ano polo CDG no marco da súa aposta por reforzar a colaboración cos distintos axentes do sector teatral de Galicia e pola descentralización da súa programación.
Con este espectáculo a compañÃa institucional achégase a unha audiencia infantil e familiar, e fomenta o diálogo entre escena e música. A peza baséase no audio-libro do mesmo tÃtulo escrito pola guionista Lidia Fraga e ilustrado por Julio Seijas. Trátase dun espectáculo familiar que ofrece unha viaxe polas vivencias do compositor e director ponteareano Rogelio Groba (Ponteareas, 1930), desde a primeira infancia ata a súa volta ao lugar natal, para transportarnos á onde comezou a súa vocación musical e onde, anos despois, volveu a encontrar a pequena Música xunto con “todos aqueles sons que tanto amaba”. A montaxe conta coa colaboración do concello de Oleiros e a Orquestra de Cámara Galega.