Tres espectáculos de danza comporán o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego deste ano. O web da Axencia Galega das Industrias Culturais publicaba este 29 de abril as bases para participar desta liña de apoio ás artes do movemento, que se mantén cun orzamento total de 54.447 euros e que achegará un máximo de 14.999 euros, máis IVE, para cada un dos proxectos seleccionados.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 20 de maio, e os espectáculos deberán estrearse antes do 31 de marzo de 2025. Ao igual que en 2023 a convocatoria cubrirá ata o 80% dos custes de produción de dous espectáculos de compañÃas consolidadas e os dunha proposta de profesionais emerxentes, con menos dun lustro de traxectoria.
Segundo explica o Centro Coreográfico no anuncio da convocatoria, a principal novidade nesta edición do programa é a valorización nas avaliacións dos proxectos de "medidas que conectan cos obxectivos do Plan Integral Para a Danza de Galicia, como son a adaptación a espazos non convencionais, a profesionalización da danza tradicional, a participación de persoas con discapacidade, a visibilidade da danza nos medios de comunicación e o fomento da asistencia de público familiar e xuvenil".
A última convocatoria de coproducións do Centro facilitou o desenvolvemento das pezas Millo vello, de Ay, cariño!, que se estrea no festival Escenas do Cambio da Cidade da Cultura de Galicia este venres 3 de maio; Anöa, de Elvi Balboa; e Sleepwalkers, de La Macana. A maiores, desenvolveuse unha convocatoria para propostas gran formato, da que resultou adxudicataria Nova Galega de Danza co espectáculo Dique, que chega ás táboas o vindeiro 21 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela.