O Centro Coreográfico abre o prazo para apoiar coproducións de danza

Non se implicará financeiramente nos proxectos escollidos, só achegará asesoramento

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Foto promocional de Tradición, espectáculo do CCG

Foto promocional de Tradición, espectáculo do CCG

Será un máximo de tres espectáculos e só materialmente. O Centro Coreográfico Galego abre hoxe a súa liña de traballo para apoiar a coprodución de espectáculos de danza, pero non achegará partidas económicas a este fin. A convocatoria detalla que este ano os proxectos escollidos non recibirán ningún tipo de apoio económico, e só será axuda técnica e artística. Iso si, sempre e cando non interfira coa produción propia do CCG. Os criterios de selección será calidade e interese do proxecto artístico, a traxectoria profesional da compañía e dos seus integrantes e o que implique para o desenvolvemento das artes escénicas. O prazo está aberto ata o 22 de setembro e a resolución será pública o 1 de outubro.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Artes Escénicas, Centro Coreográfico Galego, Consello da Cultura Galega