Na véspera do DÃa Internacional da Danza a Xunta de Galicia publica hoxe a convocatoria do proceso de selección de tres espectáculos de danza, en calquera das súas modalidades, dentro do programa anual de coproducións do Centro Coreográfico Galego. Disponse para este fin dun orzamento máximo de 54.000 euros, establecéndose un lÃmite de 18.000 euros por proxecto, o mesmo que na anterior convocatoria. Esta iniciativa dirÃxese a profesionais e empresas dedicadas de xeito profesional á produción escénica, que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia. A achega económica materializarase a través de cadanseu contrato de coprodución e non poderá superar o 80% do orzamento total do proxecto presentado. As propostas beneficiarias poderán dispoñer, asà mesmo, da sala de ensaios da sede do Centro Coreográfico na Coruña.
Segundo as bases unha comisión será a encargada de valorar as solicitudes, de acordo cun baremo de puntuacións que se aplicarán ás memorias tanto do proxecto como da traxectoria profesional do seu equipo artÃstico e que terá en conta tamén a porcentaxe económica solicitada sobre o orzamento total. O obxectivo deste programa de coproducións, promovido por sexto ano consecutivo a través dunha convocatoria pública, é favorecer a produción de danza en todas as súas modalidades, impulsar a creación de espectadores para esta disciplina escénica e consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno. Con tal fin, nestes anos contribuÃuse á produción dunha quincena de espectáculos como Nó da compañÃa Elahood, Credo de Nova Galega de Danza, Tabú de Colectivo Glovo, 'Festina lente' de Andrea Quintana, 'Tres tristes 2.0' de Kirenia Danza ou 'Figuras do limiar' de Javier MartÃn, citando só os que viron a luz nas últimas dúas temporadas. Esta é a primeira das convocatorias do Centro Coreográfico da Axencia Galega de Industrias Culturais desde a chegada de Pilar Portela ao posto de coordinadora do Departamento de Música e Danza da Agadic.