
O de Fran Sieira é o terceiro dos oito encontros técnicos previstos este ano no marco deste programa, dirixido prioritariamente a profesionais do sector . Lázaro Carreño será o seguinte docente que pase pola sede do Centro Coreográfico Galego dentro do seu programa formativo. O mestre cubano, experimentado bailarÃn do Ballet Nacional de Cuba, conducirá entre o 12 e o 16 de setembro un achegamento ao ámbito da danza clásica. O dÃa 24, celebrase no mesmo recinto unha sesión sobre os patróns de movemento na técnica do Flying Low a cargo do bailarÃn e coreógrafo, tamén de orixe cubana, Leodan RodrÃguez. Xa en outubro, a Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá o obradoiro 'DedÃcome á coreografÃa, e agora que?', no que se tratarán aspectos de produción, xestión e distribución de compañÃas de danza da man dos xestores culturais UxÃo Novo e Manuel Lago. Tamén en outubro, a bailarina e coach Laura Llauder visitará a Escola de Danza Media Punta de Vigo para ofrecer un curso de danzaterapia. A última das citas celebrarase na Coruña do 19 ao 23 de decembro a cargo de Beatriz Churruca e Igor Calonge. Será un taller de danza contemporánea sobre a recapacitación profesional neste sector.