
Baixo a dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez "Ceib3" reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes, para dende aí propor e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos. Ao longo de 60 minutos de duración "Ceib3" afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender o que o xénero é para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Logo da estrea na localidade natal de Sieira, o espectáculo chegará ao Teatro Principal de Santiago o día 9 de marzo, tras diso haberá que agardar a abril para velo en Ames, Vilagarcíad e Arousa e Narón e a maio para que chegue a Lugo e A Coruña.