Como cada 29 de abril, celébrase a nivel internacional o Día da danza, establecido así pola UNESCO celebrando o aniversario de Jean-Georges Noverre (1727-1810), considerado o creador do ballet moderno. Hoxe mesmo é o día elixido pola compañía Fran Sieira para a estrea da súa nova montaxe, DeMente, no Auditorio Municipal de Cangas. O espectáculo da compañía dirixida por Sieira, presenta a través dunha obra de baile e música tradicional galega para público adulto, cunha duración de 60 minutos ,os estigmas das enfermidades mentais e como foron tratadas historicamente con métodos represivos. DeMente conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores, no que alén do propio Fran Sieira están: Artur Puga, Adela Otero, André Adrio, Patricia Sánchez, Daniel Rodríguez, Martín Mondragón, Xisco Feijoó e Aida Tarrío, cantante do grupo Tanxugueiras. O espectáluo estréase hoxe con todas as entradas vendidas.
Xornada A Voltas co Baile no MPG
Co mesmo gallo da efeméride o Museo do Pobo Galego levará a cabo mañá venres, nas súas instalacións en Santiago a décima edición da xornada 'A voltas co baile. Usos actuais do baile tradicional'. Nela reflexionarase coma o baile, transmitido de xeración en xeración como ferramenta de socialización e festexo foi asociándose no século XX a outros usos ligados, por exemplo, á representación escénica e na actualidade o como o baile tradicional tamén é usado en novos contextos demandados pola sociedade do século XXI. A xornada, que se celebrará en horario de tarde contará coas achegas de Uxío Leira, Bea Díaz, Janet Novás e Jaime Pablo Díaz.
A danza en Plataforma
A semana do Día Internacionalo da Danza tamén foi a elixida polo Concello de Santiago para presentar a segunda edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que se vai celebrar do 26 de maio ao 5 de xuño baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura e o deseño. O festival terá unha importante presenza da danza a través de varias artistas. Este é o caso de La Ribot, Premio Nacional de Danza e recentemente galardoada co León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia, que virá para realizar unha conversa e unha performance tras ter realizado na pasada edición do festival a exposición La Ribot. Manual de uso, no CGAC. 'Plataforma' destaca por apostar pola produción propia e os encargos específicos aos artistas participantes. No seu programa haberá estreas absolutas de pezas. A bailarina e coreógrafa Janet Novás presentará a peza Where is Janet?, concibida especialmente para realizar no espazo museístico do CGAC.
A Xunta convoca o ciclo Propulsa Danza
A Xunta de Galicia súmase á celebración do Día Internacional da Danza co lanzamento do novo programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, a prol da posta en valor da riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a través das artes do movemento. A páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica a convocatoria desta iniciativa para compoñer un novo ciclo a cargo de artistas que amosarán as súas pezas en espazos naturais ou arquitectónicos dunha trintena de concellos das catro provincias e no marco da programación do Xacobeo 21-22. A través deste novo programa seleccionaranse montaxes de danza para ser interpretadas ao aire libre, cunha duración mínima cada unha de 10 minutos, producidas por compañías profesionais galegas e con sede en Galicia. Cada proxecto elixido recibirá unha achega económica da Xunta de ata 15.000 euros.