Baldo Ramos, Pepe Cáccamo e Antonio Piñeiro protagonizan A tres

O Museo de Artes de Ribeira reúne nunha exposición os libros de artista destes creadores

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Baldo Ramos, Pepe Cáccamo e Antonio Piñeiro protagonizan A tres

Desde o pasado 13 de decembro o Museo do Gravado de Artes (Ribeira) acolle a exposición A tres. O proxecto, dedicado aos libros de artista, recolle exemplares deste tipo producidos por Baldo Ramo, Pepe Cáccamo e Antonio Piñeiro. Segundo explica a presentación da mostra, "os libros de artista presentes na exposición recollen as ideas básicas definidas ao redor do concepto: a do potencial experimentador, dialéctico, transformados e rexenerador, e a da accesibilidade universal da arte por medio de instrumentos, elementos ou vieiros democratizadores".

En concreto, o proxecto recolle dezasete obras de Xosé María Álvarez Cáccamo, unha serie que desenvolveu a partir do exemplar Dun mansa estoura almou no sque emprega elementos antigos, cartón, restos de pigmento, cadernos e obxectos de escritorio cos que desenvolve deseños grafolóxicos, caligramas, signos alfabéticos e debuxos.

No caso de Baldo Ramos, o autor achega quince obras realizadas en diferentes momentos da súa traxectoria e nas que indaga sobre as posibilidades do papel, as tintas as grafías e as texturas. Finalmente, piñeiro presenta a serie Calcinación na que traballa o residuo artístico e os descartes do proceso creativo. Fagmentos de textos, anacos de follas, manchas residuais, bosquexos desbotados e probas de cor fan parte desta proposta.

A exposición complementouse coa edición de 90 exemplares dunha plaquette á que os tres artistas achegaron obras gráficas e manuscritas.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Piñeiro, Baldo Ramos, Vieiros, Xosé María Álvarez...