O Museo da Estampa de Artes recibe unha doazón de cen láminas de Doroteo Arnáiz

O artista nado en Madrid protagoniza a nova exposición do centro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Ilustración de Arnáiz para as Rimas de Bécquer

Ilustración de Arnáiz para as Rimas de Bécquer

Un cento de láminas de Doroteo Arnáiz, artista madrileño afincado na Coruña, compoñen a nova doazón ao Museo do Gravado de Artes, en Ribeira. O creador protagoniza ademais a última exposición do centro, que abriu as portas este 22 de xuño, e que se centra o seu traballo de ilustración.

En concreto Doroteo Arnáiz. Ilustrador recolle doce augafortes artelladas en tres series coas que acompañou a obra Rimas de Bécquer en 1977 e os Cien sonetos de amor, de Pablo Neruda, que inclúen 100 augafortes e augatintas realizados en 1978. Tamén se poden ver outras 16 pezas coas que acompañou a obra Shanshô Dôei do mestre xaponés Eihei Dôgen. Son as ilustracións da obra de Neruda as que compoñen o legado que se incorpora aos fondos do Museo situado en Artes.

Arnáiz, que fundou o Centro de Gravado Contemporáneo da Coruña, conta no seu haber cunha extensa carreira internacional con exposicións en cidades como Nova York, Milán, Ámsterdam, Tokio e Barcelona, ás que se suman diferentes premios.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, A Coruña, Exposicións, Tokio...