O Museo Provincial de Lugo acolle desde onte a exposición "Leopoldo Nóvoa, o silencio da pintura", na que se presenta unha retrospectiva dun dos máis notables pintores abstractos de Galicia (Salcedo, Pontevedra, 1919, ParÃs 2012) con 32 obras. A exposición, comisariada por Rosario Sarmiento, procura "dar a coñecer o seu traballo desde un relato que explique as referencias básicas para entender a súa traxectoria como artista plástico". Para a comisaria, "espazo, materia e luz son os elementos dos que sempre se valeu Nóvoa para articular a súa obra. Será a partir do incendio en ParÃs, no seu obradoiro de Faoubourg Saint-Antoine (1979) cando Nóvoa comece a virar a súa linguaxe plástica, incorporando as cinzas no proceso creativo, e diluÃndo os lÃmites entre pintura e escultura. A presentación da obra Samos, creada en 1993 por Nóvoa combinando lenzo e lousa. A exposición pódese visitar no Museo Provincial ata o 4 de febreiro, e inclúe a obra doada pola viúva do artista, Susana Carlson, para esta entidade. Titúlase Samos e está composta de lenzo e lousa no ano 1993.