O Museo de Pontevedra celebra a longa traxectoria creativa de Leopoldo Nóvoa

A exposición poderase ver ata o 26 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O pintor Leopoldo Nóvoa.

O pintor Leopoldo Nóvoa.

O Museo de Pontevedra conmemora o centenario do nacemento de Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919 - París, 2012) cunha importante mostra que reúne cincuenta obras da dilatada traxectoria creativa deste pintor, referente da arte abstracta na segunda metade do século XX. A mostra, comisariada por Rosario Sarmiento, céntrase na evolución dun artista que "viviu unha longa e fecunda existencia que o converteu nun personaxe cosmopolita e de vasta cultura". A exposición recolle os seus primeiros anos en Uruguai e Arxentina, a súa madurez creativa en París e as longas tempadas na Armenteira (Pontevedra), onde "descubrirá o valor plástico, simbólico e emocional das cinzas". A mostra poderase ver ata o 26 de abril.

Vídeo de presentación da mostra

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Rosario Sarmiento, Uruguai, Arxentina...