O Museo de Pontevedra acaba de incorporar á súa colección 68 obras asinadas por Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919, París 2012), un dos artistas galegos máis importantes da súa xeración. A viúva do artista, Susana Carlson, asinou a acta de doazón pola que lle entrega ao museo un amplo conxunto de obras sobre lenzo, pinturas sobre papel, gravados e libros, ata agora da súa propiedade. En datas recentes Carlson tamén fixo unha doazón de obras do artista ao Museo provincial de Lugo, onde actualmente se expón a mostra "Leopoldo Nóvoa, o silencio da pintura", inaugurada o pasado día 24 de novembro e onde están expostas sete das obras agora doadas ao Museo de Pontevedra ata o remate desa exposición temporal.
As obras doadas á entidade pontevedresa están datadas entre 1987 e 2010. Inclúen quince cadros de técnica mixta sobre lenzo, varios deles de gran formato. Os títulos dalgunhas destas obras describen as técnicas e os materiais característicos do artista nacido en Pontevedra: Gran espacio vertical con cenizas y pinchotes, Negro dominante perforado, Doble espacio con relieves perforados ou Dominante horizontal con 12 rasgaduras. As vinte unha pinturas sobre papel doadas foron realizadas con técnica mixta. O conxunto inclúe tamén vinte sete gravados, elaborados coas técnicas de augaforte ou de serigrafía. Completan a doazón cinco libros de Catherine Topall, Julio Cortázar e José Ángel Valente, edicións especiais con ilustracións do artista. As sesenta e oito obras recibidas súmanselles ás seis que xa formaban parte do acervo do museo, tres delas presentes na exposición permanente.
Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919-París, 2012) é un dos grandes referentes da arte abstracta na segunda metade do século XX, tanto dentro coma fóra de Galicia. Artista rigoroso, home reflexivo e profundo, viviu unha longa e prolífica existencia en lugares e circunstancias moi dispares que o converteron nun personaxe cosmopolita e de vasta cultura. Un caudal persoal que transmitiu e plasmou en toda a súa prolífica produción creativa. Pasou os seus primeiros anos en Uruguai e na Arxentina, onde se xestou o valor que a forma e a materia terán na súa obra posterior. Logo viviu en París, onde se desenvolverá a súa madurez creativa, o que alternou con longas tempadas na súa casa-obradoiro da Armenteira. Tras o dramático incendio que sufriu o seu obradoiro de París, dilúense cada vez máis os límites entre a pintura e a escultura, con obras en tons brancos e cinza e que adquiren volume e incorporan fragmentos de materia. A esta etapa pertencen as obras que se incorporan agora ao museo.