Leopoldo Nóvoa, entre Armenteira e ParÃs é o tÃtulo da sesión do ciclo "En modo conversa" que esta tarde terá lugar na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago e coa que se pretende afondar nun dos grandes referentes da arte abstracta da segunda metade do século XX, Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919-ParÃs, 2012). O pasado 17 de decembro de 2019 cumpriuse o centenario do seu nacemento e esta xornada pretende aproveitar a efeméride para reflexionar sobre el. A sesión conta con dúas partes. Na primeira emitirase o documental Novoa 1919-2019, dirixido por Xurxo Lobato. Producido polo Museo de Pontevedra para a exposición homónima, no que figuras como Xerardo Estévez, Celestino GarcÃa Braña, Antón Patiño, Mancho Pereiro, Quintana Martelo, Rosario Sarmiento, Ramon Rozas, SofÃa Santos, Xavier Seoane e Adolfo Sobrino falan dos seu recordos e impresións do artista. Na segunda haberá unha conversa moderada por Rosario Sarmiento e na que participan Celestino GarcÃa Braña, arquitecto e vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes, e o galerista Adolfo Sobrino. A xornada poderá seguirse en directo a través do web da institución.
Leopoldo Nóvoa é unha figura esencial para comprender a plástica contemporánea. Artista rigoroso, home reflexivo e profundo, viviu unha longa e prolÃfica existencia en paÃses e circunstancias moi dispares. A súa condición nómade na busca de acomodo, espazo e lugar onde asentarse, transmitiuse coma unha luva na súa arte. Tras o incendio do seu estudo parisiense, atopou na súa casa da Armenteira a resposta a moitas interrogantes conceptuais do seu traballo. As cinzas que atopaba cada mañá cando limpa a cheminea convertéronse na base dunha pintura dramática que el mesmo trasladou como "é a cinza, porque é algo que foi e se transformou en nada, é esgotamento, do mesmo xeito que a nosa atormentada sociedadeÂ…".