O Auditorio de Galicia homenaxea a Leopoldo Nóvoa cunha exposición

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns achega obras inéditas do artista falecido

26/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Mercedes Rozas comisaría a exposición coa que o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela homenaxea o célebre pintor Leopoldo Nóvoa. A se facer tres anos da súa morte, o 23 de febreiro abría as portas Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns. O proxecto inclúe probas de autor, gravados, pochoirs e técnicas mixtas sobre estes materiais, achegando ao público obras en moitos casos inéditas e reunidas ex profeso para esta iniciativa. A mostra estará aberta ata o vindeiro sete de xuño.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Morte, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos