Non é habitual atopar sitios web de artistas contemporáneos galegos coa cantidade de recursos, fotografÃas e documentación que ten o novo sitio de Leopoldo Nóvoa. Feito man a man entre a viúva do pintor Susana Nóvoa e a comisaria de arte Rosario Sarmiento, o sitio web estase a convertir no elemento central da xestión póstuma da súa obra e figura. Estamos ante un novo xeito de relacionarse
"Leopoldo Nóvoa é un dos grandes artistas galegos do século XX”, asegura con rotundidade Rosario Sarmiento, comisaria de arte, "un artista moi completo, cunha gran carga intelectual e conceptual que, ademáis, manexaba a técnica e os medios. Era un home exquisito e dunha elegancia absoluta”. Sarmiento recibiu o encargo da viúva do artista, Susana Nóvoa, para elaborar un web "que mantivera a obra e personalidade de Leopoldo”.
O resultado é un elegante web construido a partir da documentación gráfica que permite explorar a obra de Leopoldo, inicialmente a partir do legado que conserva a familia pero "con aspiracións a ser un catálogo futuro”. O web está a xenerar, por si só, as dinámicas de xestión propias do mundo da arte: "desde xente que precisa certificacións da obra ata autorizacións para reprodución”.
A execución do web levou uns seis meses entre a selección, a produción dos textos e a execución técnica, sempre tendo en conta que o web debÃa "reflectir a personalidade de Leopoldo Nóvoa”. Canda a mostras de obras de diferentes épocas, o web incorpora un importante xogo de retratos realizados por Xurxo Lobato, textos de diferentes crÃticos e documentais e reportaxes audiovisuais ao redor deste senlleiro artista.
A obra de Nóvoa está marcada por unha catástrofe. Instalado desde o ano 1965 en ParÃs, onde coñece a Cortázar ou a Tomasello, no ano 1979 o seu estudo sufre un incendio e perde máis de 2.000 obras. A penas lle queda nada da súa vida anterior. Nos anos posteriores, "convertirá a cinza no seu principal aliado”, e a súa pintura creará a "beleza máis complexa, aquela que se consegue co máis simple”. A nova web do artista impedirá un novo incendio.