O Consello da Xunta deste 15 de setembro avaliaba onte o informe sobre o sector editorial na comunidade autónoma que encargara a ConsellerÃa de Cultura. Segundo recollen estes datos, en 2024 publicáronse no noso paÃs un total de 1.948 tÃtulos, dos cales 1.266, un 65%, saÃu en lingua galega.
Segundo os datos que fixo públicos a Xunta, o sector editorial galego rexistrou unha facturación de 27,72 millóns de euros, dos que máis da metade corresponden a libros editados na nosa lingua. Dese total, 25 millóns corresponde á venda de exemplares en formato impreso, o que supón a comercialización de 1,58 millóns de exemplares cun prezo medio de 15,79 euros por unidade.
Deste xeito, un 71% das obras saÃron en formato impreso, a totalizar 1.377.085 exemplares, mentres 564 tÃtulos do total viron a luz en formato electrónico. Entre outros datos, o documento presentado sinala que na actualidade a oferta de tÃtulos vivos por parte das editoras galegas é de 22.000, dos cales a metade están dispoñibles no noso idioma.
A literatura infantil e xuvenil, canda ao libro de texto no universitario, suman o 69,8% da facturación total do sector. As librarÃas concentran máis da metade das vendas de obras en galego, seguidas por empresas, institucións e cadeas de librarÃas.
Fronte a estas cifras, o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2024 da Federación de Gremios de Editores de España destacaba que unicamente un 3,8 % as persoas prefiren o galego como lingua de lectura.