Diminúe o número de títulos editados en Galicia e en galego

O INE apunta que o pasado ano publicáronse 2.660 títulos no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

En 2012 publicáronse no noso país 2.660 títulos fronte a 2.866 do ano anterior. O Instituto Nacional de Estadística publicaba onte as cifras da súa Estadística da Producción Editorial. O mesmo informe sinala que un 45% dos titulos que se editaron en Galicia en 2012, 1.196 obras, estaban en galego. En total, saíron na nosa lingua no conxunto do estado 1.322 obras. o que supón tamén unha diminución na produción fronte ás 1.430 do ano anterior. En total Debido a mudanzas metodolóxicas, o INE xa non achega datos sobre as tiraxes, que estaban a amosar tamén unha tendencia a minguar nos últimos anos.

Fonte INE. Instituto Nacional de Estadística. Producción editorial de libros

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con INE

Claves

Entidades