O Instituto Nacional de EstatÃstica facÃa onte pública a súa EstatÃstica da Produción Editorial de Libros correspondente ao ano 2017. Estes datos verifican un novo descenso da produción editorial en Galicia e mais concretamente dos libros que saen publicados en galego. Deste xeito, e segundo o INE, publicáronse no noso paÃs no perÃodo estudado un total de 1.872 tÃtulos, o que supón unha mingua do 5,9% respecto a 2016. AÃnda asÃ, Galicia mantense como quinta comunidade cun maior volume de edición, por tras de Madrid, Cataluña, AndalucÃa e Valencia. Encol da edición en galego, a análise revela que só saÃron publicados 972 tÃtulos na nosa lingua, catro menos do que en 2016, dos cales 783 editáronse no noso paÃs e o resto noutras comunidades. Isto supón que só o 41,8% dos tÃtulos que viron a luz en Galicia estaban en galego.