En 2017 publicáronse un total de 1.288 libros en galego fronte aos 1.211 que viron a luz en 2016. A cifra supón un incremento do 6,4% nos lanzamentos logo de tres anos de descensos, segundo os datos do informe Panorámica da Edición Española de Libros 2017 que acaba de facer público o Ministerio de Cultura. A incluír libros publicados noutras linguas, lanzáronse en Galicia no pasado ano un total de 2.082 títulos, o que marca un descenso do 10% na produción editorial total do país.
O informe do ministerio salienta ademais "un significativo nivel de concentracion da oferta" ao apuntar que dos 107 editores que publicaron en galego, só dez concentran o 60,3% das publicacións, e que o número de obras publicadas por editoras grandes medrou nos doce meses estudados nada menos que un 524%. O ministerio advirte tamén dun descenso do 8,6% no número de editores rexistrados na nosa lingua, mentres os autores que se editan medran un 22,4%.
Estes datos, que recollen as inscricións no rexistro do ISBN, apuntan tamén que as primeiras edicións supoñen o 99,7% dos lanzamentos na nosa lingua e que un 11,9% dos títulos son traducións doutros idiomas, maioritariamente do castelán (o 34% por cento). Pontevedra, cun 41% dos títulos, e A Coruña (38%) son as provincias que acaparan un maior número de obras publicadas, a ocupar Barcelona o terceiro posto cun 11,9%.
A edición privada, con 1.181 títulos, acapara o groso da produción editorial na nosa lingua (o 91,7%) e medrou en 2017 un 5%. Pola súa banda, as administracións públicas lanzaron neste período 107 obras, un 24,4% máis do que no anterior. Por sectores, o que máis se publicou en galego foi creación literaria (27,6%), libros de texto (23,1%), libros infantís e xuvenís (22%) e libros de ciencias sociais e humanidades (21,5%).