A edición en Galicia resiste a crise mellor que a media española

Desceu un 12,6 por cento en número de exemplares fronte a media estatal de 28,1

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

En 2010 editáronse en Galicia 2.778 títulos. Malia a que isto supón un 12,6% menos exemplares do que no ano anterior, a industria editorial galega semella resistir a crise mellor do que a media estatal, que tirou un 28,1% menos volumes. O noso país mantense non quinto posto da edición do Estado, onde en total se publicaron 1.429 títulos en galego (1,1% do total), o que supón un descenso do 21,6% a respecto do anterior período. O Instituto Nacional de Estatística facía públicos esta mañá a súa estatística sobre produción editorial na que apunta que medra o número de títulos editados pero diminúen as tiraxes.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Nacional de Estatística, Medios de comunicación