Tareixa Taboada inaugura en Ourense a exposición ZEIT

O Centro Marcos Valcarcel acolle esta mostra que reúne pintura, escultura e instalacións

O Centro Marcos Valcarcel acolle esta mostra que reúne pintura, escultura e instalacións
Momento da inauguración Foto: Deputación Provincial de Ourense
A pintora, escultora, galerista e crítica Tareixa Taboada ven de inaugurar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense a exposición ZEIT (tempo, en alemán). Nesta mostra a artista ofrece a súa visión crítica da sociedade a través dunha escolma dos seus últimos traballos, onde combina pintura con escultura, instalacións e incluso un traballo audiovisual. Unha das principais novidades desta exposición é a presenza dunha serie de pequenas esculturas realizadas en bronce con certo aire primitivista que se completan con títulos marcadamente irónicos. Zeit poderá verse na sala ourensá ata o 11 de maio.O director do centro cultural, Francisco González, cualificou a Tareixa Taboada como unha persoa "esencial e imprescindible para entender a plástica contemporánea en Ourense, cun papel aglutinador entre os nosos creadores".