
Segundo o texto de presentación, "a exposición apóiase nunha heteroxeneidade de materiais artísticos que resulta moi próxima á concepción creativa, por completo transversal, da que hoxe fai gala a figura de Valente: fragmentos das tomas en localizacións e entrevistas pertencentes ao documental de Mouriño, manuscritos e documentos de traballo orixinais do poeta cedidos ao proxecto pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, estampas familiares do arquivo persoal do poeta, primeiras edicións dalgúns dos seus títulos máis senlleiros, publicacións especiais nas que a obra de Valente dialoga coa de grandes creadores coma Antoni Tapies, Eduardo Chillida, Leopoldo Nóvoa ou Antonio Saura " Canda a isto, establécese un diálogo entre as fotografías de Manolo Álvarez e Manuel Falces a retratar o homenaxeado.
A mostra está organizada pola Deputación Provincial de Ourense co apoio da Consellería de Cultura, a Universidade de Santiago de Compostela; a Deputación e o Concello de Almería ou o Instituto de Estudios Almerienses.