Correa Corredoira amosa en Ourense a súa experiencia africana

O Centro Marcos Valcárcel acolle a exposición 'Lugar sen medida' do artista coruñés

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Obra de Correa Corredoira para 'Lugar sen media'

Obra de Correa Corredoira para 'Lugar sen media'

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición "Lugar sen medida" do artista Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952), que presenta con esta mostra a produción dunha serie de obras durante a súa estadía de catro meses en Namibia. O artista, que formou parte do histórico movemento renovador Atlántica, presenta aquí máis de cen pezas producidas sobre papel, teas, madeiras e incluso sobre lamas de tabaco que transportan ao visitante a un lugar diferente coa presenza dos animais típicos da rexión, con homes e mulleres marcados por un entorno desértico hostil e tamén coas súas paisaxes de costa e o seu mar. A exposición poderá visitarse ate o día 21 de xaneiro de 2024. Francisco González, director do Marcos Valcárcel, expresou a súa satisfacción por abrir esta mostra na cidade, "xa que a pesares do seu prestixio e da súa dilatada traxectoria esta é a primeira exposición individual de Correa Corredoira en Ourense", sinalou.

Que che parece esta nova?
159 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Valcárcel, Ourense, Mulleres, Centro Cultural Marcos Valcárcel...

Claves

Protagonistas
Conceptos