Os espantallos de Manuel Sendón que retratan os tempos

A Fundación Laxeiro en Vigo acolle esta exposición ata o 10 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposiciónsFotografía
Compartir:
Fotografía da exposición 'Espantallos 2012-2025' de Manuel Sendón

Fotografía da exposición 'Espantallos 2012-2025' de Manuel Sendón

A mostra 'Espantallos 2012-2025' que desde hoxe pode verse na Fundación Laxeiro en Vigo é unha evolución das imaxes de espantallos que o fotógrafo Manuel Sendón Expuxera en Ourense en 2014. Agora o autor mostra unha selección de tres daqueles espantallos, aos que foi fotografando de xeito continuado durante os últimos trece anos. Sendón introduce así o factor temporal e, como consecuencia, unha certa narratividade na que mostra en tres secuencias a evolución deses tres personaxes. 

O autor comenta que estas historias narradas en imaxes, ben poderían funcionar como metáfora da situación do agro galego, ou tamén como metáfora da actual situación mundial. A partir dun elemento tan cotiá do mundo rural, o autor fálanos de temas como a reciclaxe de materiais, inherente ás culturas rurais europeas, e tamén de como un elemento que se constrúe cunha finalidade práctica implica unha actitude creativa e ate estética.

Que che parece esta nova?
261 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Sendón, Laxeiro, Fundación Laxeiro, Vigo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares