A Fundación Laxeiro, ven de abrir hoxe na súa sede en Vigo na Rúa Policarpo Sanz, a exposición temporal titulada 'Liña e garabato. Recursos expresivos no debuxo de Laxeiro'. Este proxecto reúne máis dunha trintena de obras sobre papel, algunhas delas inéditas, nas que pódese apreciar dúas das estratexias de Laxeiro como debuxante, dous recursos expresivos que significan os dous extremos do tratamento da liña no debuxo, dúas formas opostas de acometer o debuxo mediante as que Laxeiro despregou todo o seu universo creativo.
Javier Pérez Buján é o comisario desta mostra na que se amosa, por unha banda a liña, como recurso de esquematización do motivo, moi utilizada nas vangardas herdeiras do modernismo e con claras influencias da arte oriental. Unha técnica que foi moi utilizada na ilustración de revistas e xornais de principios do século XX. Por outro lado o garabato como recurso de expresión pulsional, do subconsciente, que os surrealistas popularizaron e que tamén foi moi utilizado polas correntes da pintura de xesto, como os diferentes momentos do expresionismo. A exposición poderá visitarse ata o 13 de outubro.