A Fundación Laxeiro ven de inaugurar na súa sede en Vigo a exposición "Laxeiro, paisaxes de adolescencia", na que por primeira vez amosa sete obras sobre papel datadas a finais dos anos vinte e principios dos trinta, que mostran a mirada dun Laxeiro adolescente que, despois da súa estadÃa na Habana, retorna ao seu LalÃn natal decidido a ser artista. As paisaxes rurais da bisbarra do Deza, descóbrennos un Laxeiro paisaxista insólito, pouco tempo antes de adoitar unha mirada propia que cambiarÃa o tema da paisaxe por escenas con personaxes, coas que foi construÃndo a súa singular obra. O labor de investigación que a Fundación Laxeiro leva a cabo de forma continuada, posibilita ofrecer ao público estas obras de case cen anos de antigüidade, localizadas en coleccións privadas que, por primeira vez, se mostran en forma de exposición.
Estas obras realizadas en lapis, carbón e acuarela sobre papel ilustran como un Laxeiro, aÃnda adolescente, aprendÃa a pintar e a debuxar a partir do seu territorio visual máis inmediato. Datadas entre 1926 e 1930, teñen como temática común a paisaxe, algo que non é frecuente na produción do pintor que, a partir dos anos trinta, adoitou como tema central da súa obra escenas cheas de personaxes, cos que foi construÃndo a súa persoal narrativa, entre o pensamento máxico e o esperpento. Estas paisaxes de adolescencia descúbrenos a mirada dun rapaz (entre os 18 e os 22 anos) que captaba a súa contorna visual, aÃnda sen un estilo definido, cunha inocencia que aporta novas claves para entender a súa traxectoria. A exposición poderá verse ata o vindeiros 15 de outubro.