O 19 de agosto é o DÃa Mundial da FotografÃa. Unha data que os fotógrafos Miguel Riopa e José LuÃs Oubiña celebran desde hai catro anos no marco do festival fotográfico Proxecta. Como é habitual, o acto principal é unha proxección nocturna dunha ducia de coleccións (este ano fotógrafos galegos, portugueses e latinoamericanos) que terá lugar o vindeiro venres 19. Un dÃa antes inaugurarase unha das exposicións destacadas sobre fotoperiodismo, que recolle os traballos gañadores e presentados ao Prémio de Fotojornalismo Estação Imagem - Mora 2010. Este ano, o proxecta trae a obra do fotógrafo galego Juan Pablo Moreiras, que recorreu máis dunha trintena de paÃses para captar con fotografÃas momentos que amosen a relación que existe entre a paisaxe, a fauna e o ser humano. A cita coa fotografÃa social terá lugar entre o 18 e o 20 de agosto en VilagarcÃa.