Os Premios Estação Imagem2017 veñen de recoñecer os traballos de catro fotógrafos galegos entre os galardóns que cada ano outorgan entre traballos de Portugal, Galicia e os paÃses africanos de lingua portuguesa. O vigués Felipe Carnotto e o ferrolán Gabriel Tizón foron recoñecidos ambos ex aequo co premio á mellor FotografÃa do Ano. No caso de Carnotto o premio vai para unha instantánea co tÃtulo Incendio sacada durante un lume en Cotobade o pasado verán. O suicidio dos refuxiados é o tÃtulo da dramática fotografÃa de Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) na que se ve como un refuxiado é auxiliado por outros despois de tentar inmolarse queimándose na fronteira de Idomei, Grecia, en marzo de 2016. Na categorÃa Noroeste Peninsular foi a reportaxe do santiagués Xoán A. Soler titulada Emoción da chegada a que acadou o premio. Nela Soler, fotógrafo de La Voz de Galicia, capturou a chegada á Praza do Obradoiro de Santiago de Juan Luis Marfil, un rapaz de 20 anos que sofre parálise cerebral, que viña de facer o camiño de Santiago desde Rocesvalles co seu irmán Oliver, coa intención de reivindicar un Camiño adaptado aos peregrinos en cadeira de rodas. Outro compostelán, o artista Jesús Madriñán (Santiasgo, 1984), foi o recoñecido na categorÃa Serie de Retratos polo traballo Dopo Roma (Despois de Roma) no que amosa unha serie tomada ao longo dun ano a persoas descoñecidas á porta dos bares e locais nocturnos da capital italiana, montando un estudio fotográfico improvisado case no amencer. Os Premios Estação Imagem son os únicos galardóns internacionais de xornalismo que se organizan no paÃs luso.
Tamén en Inglaterra outro fotógrafo de raÃces galegas, Daniel Castro, fillo de emigrantes malpicáns, ven de ser recoñecido polo traballo. Castro abriu a súa primeira exposición Foreigner en solitario na galerÃa TJ Boulting de Londres tras ser recoñecido co Premio Internacional de FotografÃa 2017 da revista British Journal of Photography e obter unha beca da Fundación Magnun, da máis prestixiosa axencia gráfica do mundo.