Arrinca en Vilagarcía a programación de Proxecta, o festival da fotografía

A rúa Rei Daviña acolle esta noite (22:30 horas) as actividades centrais

| Santiago. Redacción | Seccións: Fotografía
Compartir:
Vista da actividade dentral dunha edición anterior do festival Proxecta

Vista da actividade dentral dunha edición anterior do festival Proxecta

Coa exhibición dos traballados participantes no Prémio de Fotojornalismo Estaçao Imagem arrincou onte en Vilagarcía unha nova edición do Proxecta 2001. Van catro anos desde que os fotógrafos Jose Luis Oubiña e Miguel Riopa decidirán converter as rúas desta localidade nun encontro da imaxe coa cidadanía aproveitando o Día Mundial da Fotografía. Fiel ao seu estilo habitual, unha xornada de proxeccións de gran tamaño sobre unha pantalla xigante (nesta ocasión exhibiranse obras de Vari Carmés, Nacho Doce ou Lenson D´Aires) fan parte dun programa que tamén trae a paisaxe, fauna e seres humanos retratados polo fotógrfo galego Juan Pablo Moreiras.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Vilagarcía, Paisaxe

Claves

Conceptos
Lugares