O colectivo Polaqia expón no espazo Normal, da Coruña

Canda aos autores de bd participan na mostra Acción #1 os creadores de arte urbana Nin9 e Sr.X

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Membro de Polaqia elaboran un lugar na Normal

Membro de Polaqia elaboran un lugar na Normal

A partir do vindeiro 20 de xuño e ata o 29 de xullo, o edificio Normal, centro de actividades culturais da Universidade da Coruña, acolle a exposición Acción #1. A mostra recolle traballos de membros do colectivo de banda deseñada Polaqia, canda a traballos de Nin9 e Sr.X, artistas urbanos. Os autores de Polaqia amosarán un total 36 debuxos e páxinas de banda deseñada, así como un mural, vinilos e unha peza audiovisual. Pola súa banda, Nin9 e Sr.X realizarán dous murais individuais e outros dous conxuntos neste espazo, empregando técnicas como o estarcido ou o collage. Ademais, un audiovisual amosará o seu proceso creativo e o Sr. X amosará unha serie de sete cadros. A exposición contará con actividades paralelas nas que se debaterá sobre BD e arte urbana.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Arte urbana, Banda deseñada, Universidade da Coruña